top of page
Presentamos unha obra teatral que pretende o estímulo dos sentidos viaxando a través das emocións, as sensacións, a sorpresa e a ilusión.
A Estrazalonia chegan Tilín e Tilón, cada unha co seu son, e atoparán un mundo de papel, onde todo é o que cada quen quere que sexa.
Neste mundo os cativos descubrirán novas texturas, novos sons, a maxia das transformacións e o poder da imaxinación.
En Estrazalonia xurdiron dúas grandes montañas fantásticas nas que habitan seres moi curiosos que nos levarán a imaxinar mundos infinitos.
Un espectáculo pensado e creado para nenos e nenas dende 1 a 5 anos, e para o disfrute de todos os públicos en xeral.
Dirixido a nenos e nenas de 1 a 5 anos
Duración: 30 min.
bottom of page