top of page

ESPECTÁCULOS

Tilintilonia é un pequeno planeta habitado por dúas mulleres, (Tilín e Tilón cada unha co seu son). Elas descubrirán un mundo cheo de texturas, cores, sons e fantásticos seres que xorden coa música e onde o vento e a auga convírtense en elementos de xogo. 

Sempre a correr, chegan Plié e Relevé ao teatro para mostrar a "Gran Coreografía". O público xa está preparado para ver a función, elas colocan os seus tutús e comproban a maquillaxe, a música comeza a soar... pero, para a súa sorpresa, a súa escenografía non está no escenario!

En Estrazalonia xurdiron dúas grandes montañas fantásticas nas que habitan seres moi curiosos que nos levarán a imaxinar mundos infinitos.


A Estrazalonia chegan Tilín e Tilón, cada unha co seu son, e atoparan un mundo de papel onde todo é o que cada quen quere que sexa.

bottom of page