top of page

NÓS

Anna Cañadillas

Formouse en diferentes estilos e métodos nas escolas Municipal de Vigo e Studis de Teatre en Barcelona, onde se especializa en teatro xestual.

Leva máis de sete anos coma profesora de nenos en diferentes eidos como o teatro, psicomotricidade en xardín infantil e as manualidades.

Creou diferentes espectáculos infantís a partir da adaptación de contos, o uso de monicreques ou obxectos.

Anna2.png

Actriz e profesora de teatro

Soraya Paradela

Formouse en interpretación e diversos estilos de danza en diferentes escolas de Madrid e Vigo como A Artística (Vigo) e Ladinamo (Madrid).

Traballou como actriz en diferentes espectáculos infantís coma "Aladín perdido na Galiza" , "Menú Vexetal", e en diversas obras teatrais como creadora e intérprete.

Como docente imparte clases de Improvisación teatral para tódalas idades e realiza actividades con cativos dende visitas guiadas ata seguimento escolar.

Soraya2.png

Actriz e profesora de teatro

bottom of page