
TEATRO APLICADO E PEDAGOXÍA TEATRAL
O teatro aplicado, como o coñecemos hoxe en día, é un amplo tipo de prácticas teatrais e procesos creativos que levan á audiencia e aos participantes máis aló da esfera convencional do teatro, co fin de responder á xente común e ás súas historias, os seus lugares e prioridades.
Buscamos activar o pensamento crítico e a capacidade das persoas participantes de desenvolver os seus propios interrogantes e respostas, mediante unha metodoloxía activa que lles faga participar cos 5 sentidos das actividades.
Empregando ferramentas da pedagoxía teatral ofrecemos actividades grupais para tratar diversas temáticas como a convivencia laboral, concienciación sobre a perspectiva de xénero, benestar comunitario e empoderamento, tanto en formato monográfico como en propostas prolongadas no tempo.
Tamén podemos facer deseños adaptados a necesidades específicas do teu grupo ou colectivo, contáctate con nós para consultar o teu caso.

.jpg)

.jpg)
.jpg)
.png)