QUEN SOMOS?

ANNA CAÑADILLAS

Actriz e profesora de teatro

Formouse en diferentes estilos e métodos nas escolas Municipal de Vigo e Studis de Teatre en Barcelona, onde se especializa en teatro xestual.

Leva máis de sete anos coma profesora de nenos en diferentes eidos como o teatro, psicomotricidade en xardín infantil e as manualidades.

Creou diferentes espectáculos infantís a partir da adaptación de contos, o uso de monicreques ou obxectos.

Actualmente forma parte do equipo artístico de "Menú Vexetal".

SORAYA PARADELA

Actriz e profesora de teatro

Formouse en interpretación en diversos estilos de danza en diferentes escolas de Madrid e Vigo como A Artística (Vigo) e Ladinamo (Madrid).

Traballou como actriz en diferentes espectáculos infantís coma "Aladín perdido na Galiza" e diversas obras teatrais como creadora e intérprete.

Como docente imparte clases de Improvisación teatral para tódalas idades e realiza actividades con cativos dende visitas guiadas ata seguimento escolar.

Actualmente forma parte do elenco da obra infantil "Menú Vexetal".

646 04 53 54 / 655 05 56 54

© 2020 - O Baúl da Tía Tola