OBRADOIROS

Imaxina os contos de toda a vida que cobran vida. Imaxina que formas parte deles, que os transformas. Imaxina que todos se mesturan nun caldo máxico. Imaxina dúas tolas que veñen a darlle volta ó colexio. Imaxina que representan 2, 4, 10, 20 personaxes en 50 minutos. Presentamos "Contos a bocados".

Un día unha misteriosa carta chega á túa escola e durante as próximas 6 semanas todo será distinto

Contos a bocados

Trátase dunha actividade lúdica na que se mesturan o teatro, a narración e o xogo para falar sobre o xénero.
O obxectivo principal da mesma é fomentar o uso de valores sobre igualdade de xénero.

Contando princesas